Asociámonos con Marc Vidal

É difícil resumir nunhas poucas liñas todo o que deu de si o luns 3 de decembro, unha data que supón un punto de inflexión para Cilenis. Asinamos con Marc Vidal, un referente indiscutible no ámbito do emprendemento e a nova economía, a entrada de Idodi Labs no noso proxecto empresarial.

Marc Vidal é un analista económico especializado en nova economía, cun destacado perfil académico,profesional e mediático. En 2010 foi seleccionado como unha das dez persoas máis influentes de Internet en España. Logo de traballar como consultor en modernización e internacionalización de grandes empresas ,emprendeu unha nova etapa profesional centrada nasstart-ups”. O seu principal proxecto na actualidade é Idodi, que agrupa Idodi Internacional, Idodi Corporate e Idodi Labs. A través desta última, Marc Vidal crea e impulsa novos proxectos, construíndo unha rede de empresas tecnolóxicas da que agora forma parte Cilenis.

Estamos moi satisfeitos de ser a primeira “start-up” galega que consegue o apoio de Idodi Labs. Para nós, preséntasenos a oportunidade de expandir o noso proxecto e estamos seguros de que o coñecemento e experiencia de Marc Vidal pode levarnos lonxe. Este acordo fai posible contar co seu “mentoring”, coa colaboración no desenvolvemento técnico e económico e o impulso no proceso de internacionalización.

A do luns foi unha xornada intensa, que arrancou cun almorzo na Casa de Europa con profesionais vinculados ás TIC da Universidade de Santiago e do ámbito empresarial como Alberto Lázaro (Tuapli), José Ramón Pichel (Imaxín Software), Manuel Quintanar (subdirector do Hostal dos Reis Católicos), Mabela Casal (directora da Biblioteca da USC), os nosos compañeiros Isaac González e Pablo Gamallo, e con Juan José Gómez, xerente de Unixest, como anfitrión.

Logo da sinatura de socios, iniciamos unha completa xornada de traballo en Uninova, na que intercambiamos impresións, ideas e proxectos con Marc Vidal e tiramos proveito da súa visión empresarial, o seu coñecemento dos mercados, do desenvolvemento de negocios e da internacionalización.

Coa incorporación de Marc Vidal, Cilenis dá un paso adiante decisivo. O camiño que se abre agora preséntase apaixonante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>