Cilenis, empresa Spin Off da USC

A Universidade de Santiago de Compostela asina un acordo con Cilenis que ten por obxecto a transferencia de tecnoloxía da USC á nosa empresa e a participación no noso capital social. Isto converte a Cilenis en empresa promovida e participada pola USC.

A USC, seguindo a Lei da Ciencia a Tecnoloxía e a Innovación, fomenta a valorización e a transferencia do coñecemento con especial interese na creación e apoio ás empresas de base tecnolóxica xurdidas no seu contorno, empresas caracterizadas por ser intensivas en coñecemento e con persoal altamente cualificado.

Cilenis, pola súa banda, é unha empresa promovida por investigadores da liña de investigación ProLNat (Procesamento da Linguaxe Natural), integrada no Grupo Gramática do Español da USC, que ten interese en darlle aplicabilidade comercial ao coñecemento desenvolvido.

O acordo asinouse o 27 de febreiro de 2012, tras a aprobación en Consello de Goberno e Consello Social o 25 de xaneiro de 2012.

logo_usc

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>